domingo, 15 de enero de 2023

Garza

 


Disfrutar do momento, saír dar un paseo aproveitando a inesperada mañá de sol e atopar unha garza no medio do río, facendo meditación tal vez, pensando nas súas cousas que seguramente son moi distintas das nosas cousas. 

Simplemente deixarse estar, contemplar a paisaxe e se pasa algún bechiño polo fondo do río papalo. Quen precisa máis? A garza sabe o que é importante, e por iso estaba alí tan tranquila, enchéndose de vitamina D con este sol de xaneiro e preparándose, tal vez, para os días de frío e choiva que se aproximan. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario