jueves, 5 de enero de 2023

Reises



Aquí están de novo os tres de sempre, cargados de agasallos e ilusións e recordándonos que así, sen decatarnos, xa case vai unha semana do novo ano. Son os días dos propósitos de sempre, das listas e das boas intencións. Son as noites nas que rematamos os vellos cadernos anotando aquelas cousas que non foron ben, os obxectivos cumpridos e o balance do que foron os últimos meses. 

É tamén o tempo de comezar novos cadernos coas frases de sempre, comprometéndonos a ser constantes, firmes nas nosas decisións e voluntariosos á hora de poñernos en marcha. Despois virán de novo as presas dos días de escola, un ir e vir sen demasiado tempo para outras cousas, e será cada vez maís difícil cumprir coas cifras fixadas de páxinas lidas e de palabras escritas. 

A historia de sempre. 

Pero esta noite sabemos que virán de novo os Reises, que traerán case todo o que lles pedimos e mesmo pode que nos sorprendan con algunha cousa que non sabiamos que necesitabamos. Tocará deitarse cedo, durmir, tal vez soñar...




No hay comentarios:

Publicar un comentario