viernes, 13 de enero de 2023

Facebook bloquea Mar de Beaufort.

 


Non sei eu se é que este blog está collendo moita popularidade ou é que a súa calidade literaria non pasa os filtros do algoritmo de facebook, pero hoxe, ao intentrar compartir a entrada de onte, apareceume esta mensaxe. 

Non só é que non poida compartir directamente en facebook as entradas do meu blog, senón que borrou todas as que tiña compartidas até o de agora, e non eran poucas. 

Dubido moito que algúen denunciase o meu contido. Os relatos poden estar mellor ou peor escritos e as miñas reflexión poden ser pouco afortunadas ou na maioría dos casos absurdas, pero non creo que cheguen a ofender a ningún como para denuncialas, polo que só me queda pensar que ao algoritmo non lle gusta que comparta directamente dende o blog e que moitas veces nen sequera poña ningún texto explicativo. 

Non é que me preocupe moito, a verdade. Non paso moito tempo no facebook nin en outras redes sociais, pero agora estaba decidido a darlle máis contido ao blog e a ter máis continuadade nas publicacións polo que se non podo enlazar as entradas ao facebook vai ser algo complicado que vos enteredes do que vou escribindo. 

A ver se podo ir enganando ao famoso algoritmo dalgún modo. Outra opción será que vos animedes a seguir este blog, que tamén me faría ilusión ver que hai alguén ao outro lado, ademáis do censor de facebook, claro. Porque xa ten guasa que un blog que ten tan poucas visualizacións sexa bloqueado. Se case da igual!





No hay comentarios:

Publicar un comentario