miércoles, 22 de febrero de 2023

Subindo



Subindo, sempre subindo.

Eles van subindo e xa nos costa seguilos. Eles van para arriba, e aínda lles queda moito que ascender. Eles teñen todas as rutas abertas e nós sabemos que hai cumbres que xa non faremos. 

E así van pasando os dias, os meses van facéndolle sitio aos anos e calquera día, cando menos o esperemos, estas crianzas que aínda precisan da nosa axuda serán as que nos axuden a nós a avanzar.

E sen embargo hai momentos que quedarán grabados nas memorias de maneira nítida e profunda, sen saber moi ben se subiamos ou baixabamos, pero coa certeza de que foi un bo moemento, unha boa mañá subindo paredes que cada vez se lles fan máis curtas e menos desafiantes.

E finalmente, algún día, voarán...



No hay comentarios:

Publicar un comentario