As flores da maceira teñen unha corola con cinco pétalos brancos, arendondeados, ás veces veteadas de vermello ou rosa e son penduculadas. Xorden agrupadas en acios de entre tres a seis unidades, das pólas novas laterais, formando corimbos. Son flores hermafroditas, con cáliz de cinco sépalos e numerosos estames amarelos. A manciñeira florece na primavera, antes da aparición anual das súas follas, e este pedúnculo floral tornarase carnoso e dará o froito, que é a mazá. De pen verde amarela, verde pálida ou vermella, soe ser suave ao tacto e brillante. A súa polpa é auguenta e doce, e contén as sementes das que poden brotar outras prantas. As mazás acostuman a madurar contra o outono.

No hay comentarios:
Publicar un comentario