jueves, 20 de abril de 2023

Dez anos.

 




Dez anos!!

Quen nolo ía dicir, amor.

Cómo iamos saber que o tempo pasaría tan rápido, que ás veces marcharía entre os nosos dedos como pequenas estrelas fuxidías. Cómo entender que todo sería tan sumamente complicado ás veces e outras veces tan doce e acariñador como as tardiñas na praia despois dun día de calor.

E queda todo por andar e á vez temos tanto camiñado. Quedan ás primeiras veces de tantas cousas e ao tempo hai outras tantas que xa nunca serán como a primeira vez. 

Agardemos que os corpos aguanten e nos próximos dez anos poidamos continuar camiñando ao seu lado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario