Que ben sentan as cousas improvisadas, coincidir nun paso de peóns e e quedarse a tomar unha cervexa, reunirse e conversar falando de calquera cousa e descubrir que en realidade non había tanta presa, que o que iamos facer hoxe ben o podemos facer mañá.
E saber que ao final, o que vai quedando na nosa memoria son as cousas coas que non contabamos, aquilo que se sae da rutina, os encontros casuais e as agradables coincidencias.

No hay comentarios:
Publicar un comentario