Como cada curso, participamos na proposta da escola de dedicar cada ano a un Entroido tradicional. Este ano tocaron as Madamitas e Madamitos de Entrimo.
Sempre foi agradable e divertido estar ás veces de madrugada dándolle os últimos retoques, cosendo algunha cousa, pegando outra. E sobre todo contar coa colaboración das avoas, aínda que teñamos que facer por anticipado os encargos para poder recollelos nalgún desprazamento.
O certo é que polo de agora lles encanta disfrazarse. Van felices e contentos, e nós imos acumulando fotos e fotos con distintos traxes típicos.
E tamén é moi divertido ver como nos grupos de Whatsapp das mamás e papás das distintas clases aparecen as mesmas fotografías de nenas e nenos posando felices cos seus disfraces.
Ao final, unha das cousas positivas disto da crianza, ademáis das aprendizaxes das que vos falei o outro día, é que moitas veces che da motivos para presumir de traballiños ben feitos, de paseos en bicicleta e das primeiras participacións en torneos e campionatos.
Con isto é co que nos quedamos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario