domingo, 5 de febrero de 2023

Restos

 





Daquelas riadas veñen estes restos, árbores enteiras que van quedando nas marxes dos ríos e nos arcos das pontes. Daquelas augas que non parecían ter acomodo e daqueles fangos invadíndoo todo quedaron herbas aplastadas e pequenas madeiras arrastradas dun lado para outro. 

E sen embargo todo parece máis limpo, rareado, como se a forza e a violencia da enchente fose necesaria para manter o equilibrio, para eliminar o innecesario e o que pode supor un atranco para a vida.

Se lle cadra son necesarios desbordamentos de cando en vez. Pode que tamén nós precisemos sairnos do camiño esperable e deixarnos arrastrar por momentos de rabia e contundencia  para tirar das nosas vidas aquilo que xa non aporta nada.

Só así podemos volver a fluír, deixando nas marxes todo o que non nos permite avanzar. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario