Non pasa nada, se chove deixa que chova, que dicía o outro. Sabemos que nalgún momento escapará, e que a primavera é o que ten. Ningún día parece fillo do outro. Mañá, tal vez, co comezo das vacacións, veña o sol para recordarnos que queda unha última dentellada que darlle ao curso e despois a pensar nas cousas que faremos polo mundo adiante.Mentres tanto, esperaremos con calma e tranquilidade a que escampe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario