martes, 7 de marzo de 2023

A boneca (e III)

 


(I)

(II)

(III)

A partir deste momento tranquilizouse. Ainda que aquela familia estaba sendo totalmente violentada na súa intimidade, non había nada que fixera pensar que corrían perigo algún. Para aqueles que estiveran analizando información a súa presenza sería simplemente o decorado no que aquela boneca actuaba. Supuxo que de todas as horas de grabacións que figuraban naqueles arquivos, só serían importantes aqueles nos que aparecía a boneca.


Xa case se esquecera de todo o asunto cando uns meses despois recibíu o encargo de desinstalar todo o sistema de vixiancia da casa. Empregaron o mesmo plan que cando procederon a instalar todas as cámaras e micrófonos, e igual que a outra vez, escolleron un xoves para introducirse na casa. Todo foi ben ao principio. O seu colega ocupouse da planta baixa mentres él subíu á planta de arriba e comezou a recoller todos os pequenos aparellos que instalarán uns meses antes. Foi ao chegar a habitación cando se lle ocorreu a idea.

En todas as semanas que pasaron dende que foi consciente do asunto non se lle ocorrera pensar no valor que podía ter aquela boneca, pero foi ao vela alí, enriba da cama a medio facer, cando pensou que igual podía sacar o suficiente para retirarse.


O asunto parecía bastante fácil. Coller a boneca e buscar alguén a quen venderlla. Estaba seguro de que movendo algúns fíos nos lugares axeitados conseguiría atopar a alguén interesado no tema.

Sen embargo alí mesmo rematou o seu intento. Antes mesmo de abrir a porta para saír da habitación coa boneca na man, escoitou un golpe seco. Non houbo tempo para máis nada. O último que viu antes de que o seu crania se quebrara foi un reflexo estraño nos ollos daquela boneca. 


Ao outro lado alguén ollaba para un monitor.



No hay comentarios:

Publicar un comentario