(I)
Todo estaba tan ben argallado que se cada un cumplía coa súa parte nada podería saír mal. Querería ter contado con máis xente, pero debido ás peculiarides do traballo decidira non meter a ninguén máis. Iso que o que lle pagaban desta vez permitía contratar a un par de homes máis, pero o cliente advertira que a discrección era fundamental.
Ao principio tivo as súas dúbidas. Había algo turbio en todo aquilo, algo escabroso que dende o momento no que lle deron as primeiras instruccións fixo que se sentira incómodo. Pero o encargo viña do Señor Sacs, e até o momento nunca houbera ningún traballo no que houbera que facer algo depravado ou cruel, e sen embargo naquela ocasión o asunto tiña un toque perverso que lle fixera plantexarse as cousas.
Non ten nada que ver co que pode parecer, lle dixo o Señor Sacs. Trátase, como sempre, de coller algo para alguén. Tí fai o teu traballo e non te preocupes polo resto.
Pero nada máis recibir as primeiras instrucción quedou algo confuso, sobre todo tendo en conta que todo parecía centrarse naquela nena.
Levaba tempo facendo a vixiancia da familia, sabía xa todos horarios de cada un deles e podía dicir cunha precisión asobrosa onde estaban en cada momento do día. Sabía que era o home o que primeiro se erguía e despois de preparar o almorzo para él e para a súa muller, aseábase e marchaba a traballar. Era a muller a que levaba aos cativos á escola, agás os xoves nos que a iso das 8:20 aparecía a avoa para levalos. Despois era o pai o que os recollía na escola ás cinco da tarde. O neno entrenaba co equipo da escola os martes e xoves, e a nena ía a teatro os luns e os xoves. Os venres tiñan por costume ir a cenar a un MacDonalds e os sábados marchaban sempre dar un paseo polo monte. Os domingos tocaba cine. Pero no seu caderno tiña tamén anotadas outras cousas. Nos últimos dous meses tiñan ido a facer á compra sete días, sempre o sábado a primeira hora, e case sempre era ela a que marchaba. Tiveran cita co dentista un mércores, e él quedara con dous amigos da oficina para ir cenar e remataran nunha casa de putas, aínda que él non chegara a subir. Isto non lle extrañaba pois xa tiña bastante traballo na casa. En todo o tempo que levaba asexando non houbera semana na que non foderan catro ou cinco noites, e algunha vez mesmo aproveitaron a sesta dos cativos para botar un polvo rápido.
Definitivamente, fixera moi ben o seu traballo de investigación, no seu caderno había case unha axenda diaria da vida que aquela familia fixera nos últimos meses, e con esta información fora coa que trazara un plan que non podía saír mal.
Escollera un xoves para actuar. Sabía que calquera día terían tempo de sobra, pero preferiron non arriscar e escoller o día que máis tarde chegaban a casa. Ás dez da mañá unha furgoneta moi semellante ás de reparto a domicilio aparcou diante da casa da familia e él máis outro home achegáronse á porta principal cargando con dous paquetes. Finxíu falar con alguén, e ao pouco foi pola parte de atrás, como se a súa intención fose deixar o paquete onde o cliente lle indicara. Sen embargo o que fixeron foi forzar lixeiramente unha das fiestras laterais e metérense na casa. A manobra foi tan rápida que de haber algúen pola rúa naquel momento difícilmente se tería percatado do que acontecía.
Comezaron polas zonas comúns. O traballo consistía en instalar un completo sistema de vixiancia por toda a casa. Micrófonos e cámaras nas zonas comúns, e especialmente na habitación da nena e no seu aseo. O seu compinche, que estaba curtido nestes traballos, e noutros máis duros, non puido evitar un xesto de repugnacia ao ver que do que se trataba, claramente, era de seguir os pasos da nena pola casa. Doutro modo non tiña sentido ter instalado máis cámaras na súa habítación que no resto de habitacións, ou mesmo ter que poñer un micrófono a escasos cetímetros do cabeceiro da súa cama.
Pero aínda así non preguntou nada. Era todo un profesional, e ademáis de saber que non obtería resposta, tiña a impresión de que o mellor sería non saber nada do asunto.
Pouco despois das tres da tarde a casa enteira estaba controlada. O compañeiro que quedara fora foi comprobando que todo funcionase, e canto tiveron a certeza de que todo ía ben acoplaron o receptor de datos nun dos postes de luz que había ao outro lado da acera e marcharon.
A partir de agora cada día tería que pasar para volcar os datos do receptor a un portátil de despois enviarían a información, de maneira encriptada, a un enderezo electrónico que lles facilitaran.






