sábado, 31 de agosto de 2019

Arder





Quémalo, quémalo todo para que nadie lo lea, parece ser que le escribió Kafka a su amigo antes de morir. No están muy claro el motivo por el cual Kafka quería privar al mundo de su obra, del mismo modo tampoco está muy claro el significado muchos de sus relatos. Pero bueno, el escritor de Praga nunca fue un ejemplo de claridad ni de sencillez. Antes muerto que sencillo, pensaría, y tal vez por eso murió con apenas 40 años y con gran parte de su obra sin publicar, y la publicada con escasa repercusión. Por eso resulta extraña su negativa a que sus escritos viesen la luz.
Aunque hay muchos más ejemplos de artistas que no desean que sus obras les sobrevivian, lo normal es querer perdurar, las personas intentamos mantener vivo nuestro recuerdo a través del arte, de nuestras obras o incluso de nuestra descendencia. Mientras nos recuerden no desaparecemos de todo, pensamos.
Y sin embargo hay ocasiones en las que queremos desaparecer sin dejar rastro, borrar nuestras huellas como el mar borra cada día las marcas de un día de playa. A veces de todo, pero otras veces como una forma de forzar un nuevo comienzo, dejar espacio para nuevos proyectos y nuevas obras. Ver arder lo antiguo para dejar paso a lo nuevo. Todos necesitamos hacer limpieza en nuestro trastero vital, tirar trastos viejos, cachivaches que guardamos para más adelante con la creencia de que algún día nos harán falta.
Y nos despertamos un día con ganas de ver arder los excedentes de nuestros días, lo de antes, fotografías de lo que fuimos, anotaciones en viejos cuadernos de lo que iba a ser y no fue. Así acabé yo este curso, con ganas de quemar no solamente las leyes y el material de una oposición que mental y anímicamente me desgastó demasiado, sino también con ganas de marcar claramente un punto y aparte en mi vida. Por eso aprovecharé el fuego para ver arder todo lo de antes, los esbozos de las novelas que ahora tengo la certeza de que no escribiré, los diarios que hablan de un tipo que ya no reconozco, las fotografías de personas a las que tal vez nunca conocí, recuerdos de amigos que nunca nos llegaron a conocer y a los que probablemente nunca comprendimos como se merecían y que se convirtieron en lágrimas en la lluvia (perdón, no lo puedo evitar, ese replicante es mi guía y mi lucero).
Todo a la hoguera.
El fuego purifica, el fuego no admite dudas ni segundas partes. Por algo quemaban a las brujas y a los herejes. No vayan a quedar partes que pudieran guardar restos del maligno. Tiene el fuego algo que limpia, algo magnífico y radical. Nada sobrevive al fuego. Por eso voy a sentarme a ver como arden mis antiguos papeles, cuadernos, esbozos, fotografías, diarios, apuntes para esa tesis sobre Hawthorne y Cunqueiro que nunca empezaré, las cartas que no recuerdo haber merecido, las que nunca te envié, la que yo no quise abrir...
Que arda por fin, irremediablemente, un pasado que ya no me pertenece, del que ya nada se puede esperar, salvo nostalgia de lo que no fue, lástima por lo que pudo haber sido. Quémense las esperanzas perdidas, las palabras que ya no dicen nada, los recuerdos que solamente yo atesoro, como quien va guardando las olas del mar con la esperanza de que el número final sea par. Que el fuego sea el final y las cenizas se conviertan en humus creador del que renazcan los nuevos días. Que con el humo se vayan los viejos temores, los rencores y los fantasmas a los que tantas veces nos enfrentamos. Que las brasas iluminen los caminos nunca antes hollados para al final, con el último rescoldo, saber llegar a casa.

miércoles, 14 de agosto de 2019

O home tirado.





I
Sinte un sabor metálico na boca e un molesto formigueo nas pernas. Antes de abrir os ollos sabe que está tirado no chan, a cabeza apoiada sobre o cómaro e o resto do corpo no camiño. Tropezou e caeu? Mareouse? Non o ten claro, non o sabe. Enriba del ve as polas duns carballos e un pouco máis lonxe o ceo azul. Que hora será? Levará moito alí estarricado? Intenta incorporarse pero o seu corpo non responde, e comeza a sentir a dor. É un home tirado nunha cuneta e aínda que el non o sabe, cando remate este relato estará morto.

II
Aproveitando o tempo solleiro saíra a correr coa fresca, como outras tantas veces. Bordeando o rio Grande había unha pista forestal que levaba á Ponte do Muiño. Despois cruzaba o río e volvía polo Camiño Vello. En total once quilómetros. Facía ese tramo sempre que podía. Relaxáballe moito máis que correr pola cidade. Non era un deportista profesional nin moito menos, pero gostaba de manterse en forma e sentirse forte. Aquela mañá saíra correr máis cedo que de costume, o día amañecera luminoso e acariñador e pensou que mesmo podería ver algún corzo polo camiño. Sentíase ben, pensando nas súas cousas, na pequecha que viña de facer sete anos e insistía en que quería celebrar a Primeira Comuñón ou no maior que para o curso seguinte comezaría a ESO. O tempo pasara moi rápido e alí, naquel silencio do amañecer, parecía percibilo con máis claridade. Algúns paxaros saudaban os primeiros raios do sol e só ao lonxe, de cando en vez, os ladridos duns cans parecían romper a tranquilidade do novo día.

III
Intentou erguerse de novo. Notou humidade no seu costado e coa man puido comprobar que tiña o pantalón enchoupado. Quixo pensar que era suor, aínda que non lle dera tempo a suar tanto; quixo convencerse de que perdera o equilibrio e fora caer nunha poza, pero a mediados de xullo non había pozas polo camiño; quixo tranquilizarse pensando que caera nunha cagada de cabalo, ou mesmo que nacía auga. En realidade quixo pensar en todo menos no máis evidente. O seu corpo descansaba nun inmenso charco de sangue.

IV
Intentaba recordar. Sentíase ben aquela mañá, ía a bo ritmo, nada parecía fallar no seu corpo, nin sequera o xeonllo que lesionara facía tres meses. Acababa de subir o Outeiriño da Fraga e xa case podía ver a carballeira do Brandán cando ao lonxe comezara a escoitar un balbordo. Si, agora recordaba. Escoitara polo monte abaixo movemento de ramallada e o gruñir dunha besta brava. Case non tivo tempo para mirar, por diante del, a escasos centímetros, pasou unha porca brava. Sería iso? Atacaríao o xabaril? Agora lembraba nídiamente ao animal cruzando, el deténdose en seco e de súpeto algo trabándolle o costado, a pel fervéndolle e escuridade.




V
Tocou a ferida. Se polo menos puidera moverse. Non sabía canto levaba así. Tampouco sabía se estaba todo o tempo esperto ou se de cando en vez perdía o siso. Facendo un último esforzo foi quen de sentarse. O branco calzón de correr convertérase nunha tela sanguenta, o mesmo que a camiseta verde que lle deran por participar na Carreira Pedestre do ano pasado. Non sentía as pernas e onde debía estar a ferida notaba unha sensación de friaxe que lle provocaba un medo absoluto. Cando conseguiu erguer a camiseta comprobou que no costado dereito, á altura dos riles, tiña tres ou catro feridas sangrantes e sen ser ningún esperto neste tipo de cousas soubo que eran perdigóns de caza o que tiña no costado. E non paraba de sangrar.

VI
Espertárono as raiolas de sol que se filtraban entre a follaxe das árbores. Quixo mover os brazos pero xa non tiña forzas. Non podía saber canto levaba alí tirado, pero por uns segundos imaxinou que nada diso estaba acontecendo, que estaba de regreso na casa, á sombra das maciñeiras e bebendo auga fresca do pozo. Despois iría darse unha ducha rápida e prepararía o almorzo para o resto da familia. Dos catro, él era o único madrugador, e sabía que cando regresara aínda estarían na cama. Un tremor no peito confirmoulle que xa non volvería, sentiu un calor estraño nas pernas e o aire fíxose cada vez maís quente até que non puido respirar máis. Morreu.

VII
Os homes da taberna estaban a contar con fachenda que pasaran toda a mañá detrás do xabaril que entrara a fozar nos campos da Ferreira e entre viño e viño rían recordando como ao pequeno dos Bravío se lle escapou un tiro ao baixar pola carballeira do Brandán. A escopeta do avó fíxoseche moito, non é? Berraban e de xeito viril golpeaban ao cativo de apenas doce anos no ombreiro. Foi o do estanco o que entrou na taberna dicindo que viñan de atopar a un home tirado. Todos calaron decontado ao ver as luces do coche patrulla.


viernes, 9 de agosto de 2019

+IVA






Charli comezou a sentirse un pouco nervioso. A xente ía acumulándose na librería, as contas non lle daban cadrado e aquel cliente estaba poñéndoselle un pouco farruco de máis.
Todo comezara polos globos.
Ás catro da tarde, nada máis abrir, entroulle pola porta un paisano traxado e con gafas de sol. Foi velo e acender a fotocopiadora pois polas pintas supuxo que ía pedirlle unhas fotocopias. Pero non, o que aquel tipo quería eran globos, 25 globos de cores variadas, dixo sen nin sequera sacar as gafas dos ollos. Charli tirou da caixa de cartón unha presada de globos, contou dezasete e volveu coller uns poucos máis até completar o pedido. Meteunos nun sobre de papel marrón e mentres lle entregaba ao home os globos díxolle que eran duascentas cincuenta pesetas.
O home apañou unhas moedas do peto e pousándoas enriba do mostrador pediulle ao Charli a factura. Charli meteu os cartos na caixa e marcou na calculadora 25 e deulle multiplicar por dez. Cun leve son o aparello escribiu a conta no papel, Charli arrincouno e deullo ao cliente no mesmo momento que entraba pola porta Amparo, a do Xastre.
Charli respondeu ao saúdo da moza e preguntoulle se viña polas revistas da súa nai pero o home, que ao parecer non quedara conforme, díxolle que aquela nota non lle servía, que o que precisaba era unha factura para entregala na súa empresa.
    - Pero é que esta caixa non imprime facturas – díxolle pensando que así arranxaría o asunto.
    - Bueno, podes facerma a man se queres, pero teño que levar algo no que polo menos apareza que merquei uns globos.
Charli botou unha ollada a Amparo como querendo desculparse e sacou de debaixo da mesa un pequeno caderno no que anotou vinte e cinco globos a dez pesetas cada un igual a 250 pesetas. Para despexar calquera tipo de dúbidas anotou tamén con letras moi grosas PAGADO.
    - Valerache así, logo? - preguntoulle mentres lle ensinaba o papel a aquel fulano que comezaba a resultarlle cansino.
O home non sabía se o mozo que tiña diante lle estaba tomando o pelo ou simplemente non tiña nin idea do que era unha factura. Sacou as lentes e preguntoulle se non tiña un deses tacos co nome da librería e o Número de Identificación Fiscal, ou polo menos o espazo para encher eses datos.
    - Claro que teño, pero é que me parece un pouco ridículo ter que cubrir tantos datos por uns globos.
Charli apañou o taco que a súa nai gardaba debaixo da caixa rexistradora e rosmando comezou a cubrir os datos. Mentres tanto chegara á parada o autobús da vila e unha parella que seguramente ían pasar a tarde na praia entraran la libraría para mercar uns paquetes de pipas. O home botou unha ollada á xente que comezaba a formar unha ringleira detrás del. Sabía que non era moi frecuentes pedir facturas nas compras dunha librería, pero se non a levaba os de contabilidade non lle pagarían os globos, e se algo tiña claro era que el non ía pagar os globos para o aniversario do fillo do xefe. Xa bastante facía con parar de camiño á oficina a mercalos.
    - Pero home, terás que poñerme o IVE! - o home xa non daba creto. Pola súa parte, Charli comezaba a encherse daquel tipo, pero cada vez eran máis as persoas que estaban pendentes do que facía e non quería quedar como un bobo que nin unha conta sabía facer.
Eu cheguei naquel momento. Amparo saudoume cun xesto e puxo esa mesma cara que poñía nas clases de Latín cando ao mestre se lle ía a cabeza ao increpar a alguén pola mala tradución dalgún texto de Tito Livio ou de Ovidio. Eu, que estaba na fase de pasar das tías para que elas non pasaran tanto de min limiteime a facerlle un aceno mínimo coa cabeza e mirar para o o tipo dos globos con cara de malo. Tamén mirei para o escote e Amparo, pero máis disimuladamente.
    - Mira, teño xente esperando, non podo perder o tempo con esta parvada dos globos.
Charli deixara o bolígrafo na repisa e miraba ao home dos globos como dando a entender que tiña cousas máis importantes que facer. O home mirou para nós e comezou a dicir que aquelo lle parecía incrible, que o mínimo de alguén que se dedicaba á venta ao público era saber calcular o IVE dos produtos e que non pensaba moverse de alí até que lle dese unha factura.
- Pois faina tí se queres!- Dixo Charli mentres lle daba ao paisano o taco de facturas e un bolígrafo. Unha pequena gota de suor escorregaba pola súa fronte mentres miraba para nós. A maioría eramos clientes habituais e non lle estaba facendo ningunha graza quedar en evidencia daquel modo.
A min caíame ben o Charli. Era uns anos maior que nós e sempre nos contaba historias do profesorado do instituto e da mili. Gustábame a súa maneira de falar como un home experimentado que estaba de volta de todo. En realidade o instituto deixárao despois de repetir catro veces primeiro de BUP e a única vez que saíra do pobo fora para facer a mili en Astorga, pero sempre che daba algún consello sobre como facer chuletas ou se ofrecía a falar co porteiro da discoteca para que nos deixara pasar sen pedirnos o DNI e iso facía que nos parecera un tipo caralludo. Case todos iamos a facer alí as fotocopias e por iso nos solidarizabamos con el e lle dirixiamos a aquel tipo miradas de odio intentando intimidalo e que marchara dunha vez.
Pero o home parecía demasiado seguro de si mesmo e do que estaba a pedir e lle importaba pouco saberse o centro das nosas iras e das nosas olladas cheas de xenreira. É máis, en lugar de intentar axudar un pouco a Charli a saír da lea de números na que parecía perdido comezara a falar da falta de profesionalidade típica do país e das carencias da educación obrigatoria que permitía que houbera xente que non fose capaz de calcular un porcentaxe. Tampouco axudaba moito o feito de que os que estabamos agardando comezásemos a farfallar comentando o que estaba acontecendo. Aínda que non quixeramos recoñecelo, o certo é que a operación era moi sinxela e non entendíamos como Charli non era quen de calcular o IVE dun total de 250 pesetas. Ao home non lle faltaba razón na súa protesta, pero hai veces en que para ter razón non é suficiente con tela senón que fai falta que cha dean, e ningún de nós ía darlle a razón a aquel paisano que estaba facéndolle un feo a un veciño do pobo de toda a vida.
Algúns xa lle dicían que se quería factura que fose ao Corte Inglés a mercar os globos ou que non estaba moi ben que lle fixera perder o tempo ao rapaz por 250 pesetas. O home, que non debía ser dos que achantan con facilidade, contestaba que para levar un comercio hai que ter un mínimo de capacidade e formación, e que isto en Europa non pasa, que é normal que non nos queiran deixar entrar na Unión Europea.
Pero finalmente quen resolveu o asunto foi o Edelmiro. Cando soubo o que estaba acontecendo entrou na librería cunhas moedas nunha man e batendo coa outra no mostrador dixo unha das frases que ía converterse en recorrente na vila cando a alguén non lle saen as contas.
    - Veña, mameluco, aí tes os cartos – díxolle ao forasteiro poñéndolle unhas moedas na man- Que nesta vila matemáticas non teremos pero sóbranos entendemento para saber que o noso tempo vale máis que cincuenta pesos, os globos e mais ti xuntos.
O tipo, sen dar creto ao que estaba a acontecer, mirou para as moedas, puxo as gafas e marchou negando coa cabeza, pero sen dicir ren.





domingo, 4 de agosto de 2019

Los 46.




Un día te levantas y descubres que aunque quisieras, hay algunas cosas que ya no podrás hacer. Una noche de insomnio acabas pensando que aquel viaje recorriendo la costa en bicicleta que fuiste postergando ya no te hace ilusión, o que sacarle partido a ese telescopio olvidado en la esquina del trastero no vale la pena, o que al fin y al cabo correr es de cobardes y tus articulaciones agradecerán que salgas a pasear en lugar de ir por los caminos asustando a los caballos.

Envejecer debe ser algo así, perder intensidad en la vida, sentir que nuestro cuerpo cambia y que aquellos cinco minutos que nos quedaban perdidos entre la rutina diaria ya no son aprovechables, ya no valen la pena. Envejecer es olvidarnos poco a poco de las grandes cosas que iban a darle sentido a nuestra vida, decidir un día que aquellos planes que teníamos a largo plazo ya no solo están aparcados para más tarde, sino que la grúa del tiempo se los ha llevado al desguace y ya no volveremos a recuperarlos.

En definitiva, un día te levantas y ya no dices que algún día harás esto o aquello. Al envejecer descubres que en tu libreta de proyectos hay cosas que ya no harás, ya sea por falta de interés o simplemente porque no tendrás ni la oportunidad ni los días necesarios para hacerlas. Envejecer es descubrir que ya no podrás asistir a un concierto de tu grupo favorito de la juventud, y no por falta de ganas sino porque ya se han disuelto, o incluso han muerto y sabes, aprendes con el tiempo, que segundas partes nunca son buenas. Es saber que habrá gente que ya no volverás a ver jamás, que la vida no te va a permitir reencontrarte con aquel compañero de la universidad con el que lamentas no haber entablado una amistad más estrecha, o con aquella persona de la que te habrías querido enamorar hasta perder el control. Simplemente habrá libros que ya no leeremos, novelas que no escribiremos. 

Y sin embargo hay también algunas cosas buenas en esto de ir haciéndose mayor. Cierta serenidad a la hora de afrontar los días, un saber esperar a que el columpio venga de vuelta en lugar de lanzarte a buscarlo como si subirte en esta vuelta fuese lo más importante de tu vida. Comprender que este momento, y solamente este, es lo único que existe. La distancia entre el ahora y el infinito es una cuestión de entendimiento que solamente el paso de los años nos aporta.