Por estas cousas que teñen as búsquedas de internet
descubrín a Xoel López cando andaba na procura da canción de Berlanga
"Perlas ensangrentadas". Creo que quería poñer o video nalgunha
entrada deste blog, ou algo semellante. Pásame ás veces que paso máis tempo
buscando fotos o vídeos para completar as miñas entradas que escribíndoas.
Pero falaba de Xoel López, de como cheguei a ver un
video dun concerto no que tocan unha versión de "Perlas
ensangrentadas" que me gustou tanto que me puxen a buscar máis música del
e descubrín unha canción que se chama "Tierra" dun disco que se chama
Atlántico.
Supoño que todo é puro azar, que hai días nos que
estás máis receptivo que outros. Algunha conexión neuronal se activa e sintes
que che falan a tí, que o que les ou escoitas fala de tí. É o que me pasa con
esta canción, que expresa o que eu quixera ter expresado algunha vez.
E así foi como comecei a escoitar a Xoel López.
Supoño que hai moitas outras persoas que fan música como él, que fan poemas e
lles poñen música, pero polo azar do que antes falaba con quen conectei foi con
él. Nestes tempos de tanto comercio musical no que fan estrelas a base de
márketing e programas de televisión agradécese descubrir que hai xente creando
cousas fermosas. Artesáns que ofrecen o que eles mesmos fan sen artificios nin
lerias.
Por iso creo que este disco merece estas letras que
eu estou escribindo e o tempo que tí lle estás dedicando. Non tiven moito tempo
para escoitalo pero tendo en conta que foi o meu amor quen mo regalou
comprenderase que sexa un bo acompañamento para os meus periplos polo Mar de Beaufort.
Só o coñecía de nome, pero me gustou escoitar a súa música.. e ata o videoclip se agradece (máis con ese toque antoinesco?)...
ResponderEliminarBenvido Don muiñovello, grazas por comentar.
EliminarSupoño que todo depende do momento no que escoites a música, ou do que precises. Esta canción plasma perfectamente unha serie de inquedanzas que todos temos nalgún momento. A mín acougame, dame serenidade o feito de saber que o que a mín me afecta ou preocupa tamén lle preocupa ao resto de persoas.
Despois está a forma de contalo. Eu deféndome un chisquiño coas palabras, pero saber poñerlle música ás palabras iso xa debe ser a repanocha. Ao fin e ao cabo creo que xa os pitagóticos dicían que o mundo era música. Ou dicían que as matemáticas eran música?
Ben, non o lembro moi ben. Ao fin e ao cabo o meu non son as ciencias...
Feliz verán e moitas gracias pola visita ao Mar de Beaufort.
Olá, Ramón! Sou Sara, últimamente tamén me gusta muito este tipo, e estou flipando que fales del tamén.
ResponderEliminarLevo mirando para velo en concerto, e vai estar na Coru o venres 4 de decembro ás 22.30, animadevos os dous a vir e vamos velo.