martes, 4 de agosto de 2015

Os Paramales de Xoel López



Por estas cousas que teñen as búsquedas de internet descubrín a Xoel López cando andaba na procura da canción de Berlanga "Perlas ensangrentadas". Creo que quería poñer o video nalgunha entrada deste blog, ou algo semellante. Pásame ás veces que paso máis tempo buscando fotos o vídeos para completar as miñas entradas que escribíndoas.

Pero falaba de Xoel López, de como cheguei a ver un video dun concerto no que tocan unha versión de "Perlas ensangrentadas" que me gustou tanto que me puxen a buscar máis música del e descubrín unha canción que se chama "Tierra" dun disco que se chama Atlántico. 



Supoño que todo é puro azar, que hai días nos que estás máis receptivo que outros. Algunha conexión neuronal se activa e sintes que che falan a tí, que o que les ou escoitas fala de tí. É o que me pasa con esta canción, que expresa o que eu quixera ter expresado algunha vez. 

E así foi como comecei a escoitar a Xoel López. Supoño que hai moitas outras persoas que fan música como él, que fan poemas e lles poñen música, pero polo azar do que antes falaba con quen conectei foi con él. Nestes tempos de tanto comercio musical no que fan estrelas a base de márketing e programas de televisión agradécese descubrir que hai xente creando cousas fermosas. Artesáns que ofrecen o que eles mesmos fan sen artificios nin lerias. 

Por iso creo que este disco merece estas letras que eu estou escribindo e o tempo que tí lle estás dedicando. Non tiven moito tempo para escoitalo pero tendo en conta que foi o meu amor quen mo regalou comprenderase que sexa un bo acompañamento para os meus periplos polo Mar de Beaufort. 



3 comentarios:

  1. Só o coñecía de nome, pero me gustou escoitar a súa música.. e ata o videoclip se agradece (máis con ese toque antoinesco?)...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Benvido Don muiñovello, grazas por comentar.

      Supoño que todo depende do momento no que escoites a música, ou do que precises. Esta canción plasma perfectamente unha serie de inquedanzas que todos temos nalgún momento. A mín acougame, dame serenidade o feito de saber que o que a mín me afecta ou preocupa tamén lle preocupa ao resto de persoas.
      Despois está a forma de contalo. Eu deféndome un chisquiño coas palabras, pero saber poñerlle música ás palabras iso xa debe ser a repanocha. Ao fin e ao cabo creo que xa os pitagóticos dicían que o mundo era música. Ou dicían que as matemáticas eran música?
      Ben, non o lembro moi ben. Ao fin e ao cabo o meu non son as ciencias...
      Feliz verán e moitas gracias pola visita ao Mar de Beaufort.

      Eliminar
  2. Olá, Ramón! Sou Sara, últimamente tamén me gusta muito este tipo, e estou flipando que fales del tamén.
    Levo mirando para velo en concerto, e vai estar na Coru o venres 4 de decembro ás 22.30, animadevos os dous a vir e vamos velo.

    ResponderEliminar