A sabotaxe do USB
Por
mor da irreconciliábel vida laboral e familiar estes días vou
camiñando ao traballo. Son tres quilómetros de ida e outros tres de
volta, e tardo unha media hora en cada traxecto. Como estamos no
veraniño de San Martiño o paseo é agradábel, aínda que hai días
nos que a néboa é tan mesta que chego algo mollado ao traballo.
Pero non vai frío ningún e incluso no camiño de volta a casa teño
que ir sacando prendas como se fose unha cebola.
Como
é ben sabido, isto de camiñar e unha moi boa cousa. Osixenas o
cerebro, pos a funcionar o corpo e algo de química debe xerarse pois
a medida que camiño comezo a sentirme máis optimista, máis vital.
Como xa anotei noutro lugar, nestes días estou dedicando o pouco
tempo do que dispoño a escribir doce contos ou relatos breves coa
idea de ter algo concreto para publicar nalgún sitio, ademais de
neste blog. Tamén estou reescribindo a novela para publicala por
entregas antes de que o narrador acabe con todo. Ben, o de sempre.
Son un deses tipos con demasiados paxariños na cabeza e por iso
sempre vou matinando nas miñas cousas e escoitando rechouchíos. Que
si unha trama por aquí, que si un personaxe que quere ser o rei da
pista, que si podo incluír este relato naquel outro...
Andrómenas...
Pero
o caso é que cando vou camiñando é cando teño as mellores ideas e
cando as frases, e ás veces os parágrafos, saen sen dificultade
algunha. Cantas cousas non tería escrito xa se puidese recordar todo
o que para pola miña cabeza cando vou camiñando!! E así acontece
que vou animándome e sinto que o cerebro vai unindo pezas e co
entusiasmo vou acelero o paso e case podo escoitar a banda sonora de
Rocky mentres vexo a Silvester Stallone subindo escaleiras e de
súpeto sinto que xa está, que por fin collín o ritmo e que en
canto chegue a casa poñereime a escribir e non haberá final que se
me resista. Véñome arriba.
Chego
a casa queimando calorías e séntome diante do ordenador intentando
abrir a memoria USB na que teño gardadas as carpetas cos documentos
dos distintos proxectos nos que estou traballando. De súpeto aparece
unha estraña mensaxe do Microsoft Windows que me pide que formatee o
disco para poder usalo. Cómo? Se xa o usei pola noite e ía
perfectamente!

Intento
pasarlle un antivirus, abrilo co botón dereito, explorar e o
resultado é sempre o mesmo. Aquí non hai nada, mozo, dime o
ordenador poñéndose xa un pouco farruco e cuestionando a miña
capacidade de entendemento con iso dos documentos e arquivos.

Volvo
a queimar calorías, desta vez un pouco nervioso e intentando
recordar a última vez que gardei os borradores dos contos no
ordenador. Fai unha semana? Fai dúas? Non é que escribira moito nos
últimos días, a verdade, pero non é nada divertido chegar a casa
entusiasmado e coa certeza de que desta vez vou avanzar e descubrir
que hai que volver atrás. Non por ter que volver a escribir o que xa
tiña escrito senón pola posibilidade de que apareza algunha
personaxe nova que intente roubar protagonismo aos veteranos da
novela ou mesmo que o narrador continúe revolucionándome o galiñeiro.
Prueba en otro ordenador..... ¡Y no lo guardes todo en un sólo sitio!
ResponderEliminarPascual, muchas gracias por triplicado!!
EliminarPor el consejo, por comentar y por leer incluso cuando tienes que hacer un pequeño esfuerzo.
El USB parece estar fundido, y también ha desaparecido la anterior entrada de este blog.
Tenía pensado contestar a tu comentario sobre forma indefinida de caer pero un mensaje me indica que la página que busco ya no existe.
Sin duda ha traspasado el horizonte de sucesos...
Un daludo y de nuevo gracias por seguirme.
La culpa la tiene este no otoño constante e intenso.
ResponderEliminarLa culpa la tiene este no otoño constante e intenso.
ResponderEliminarAviso importante, el otoño ya está aquí!! Se le ha visto hace unas horas por Compostela y no es por asutar, pero hay vuelos directos a muchos sitios, incluso a ciertas islas...
ResponderEliminar😀
ResponderEliminar😀
ResponderEliminar