A
vida é navegar.
Chegamos
ao mundo metidos nun barco e de nós depende ir marcando o rumbo.
Algúns viaxan toda a vida seguindo as derrotas que outros seguiron antes; outros atrévense a explorar novos periplos; algúns fan
navegación de cabotaxe e hai quen navega e navega sen atopar nunca
un porto ao que chegar. Hai quen sabe perfectamente cal é o seu
destino e utiliza cada vento e cada corrente para chegar a el, sen
importarlle as calmas ou as tormentas; hai quen vai sempre á deriva,
marcando novas rotas segundo sopre o vento.
Hai
persoas que non paran de vogar, que lles tocou un barco sen velas e
non poden máis que remar e remar e sen embargo van chegando; outros
teñen veas e poderían recorrer o mundo enteiro pero non saben tirar
proveito do aparello. Hai quen pasa os día no porto, mirando para os
barcos dos outros e laiándose da chalana que lles tocou en sorte e
outras collen a súa gamela e aprenden a poñerlle un mastro e con
ilusión e vontade fan un lindo velame para navegar.
Hai navegantes que saben desfrutar de cada día solleiro, de cada arribada e outros sempre ven unha nube no horizonte e non atopan xamáis un porto no que sentirse como na casa.
Hai navegantes que saben desfrutar de cada día solleiro, de cada arribada e outros sempre ven unha nube no horizonte e non atopan xamáis un porto no que sentirse como na casa.
Hai
quen nunca saíu da ría e pensa que os demais navegantes van tamén
en gamelas pero hai quen non ten reparo en navegar ao carón de
grandes veleiros e de pequenos botes e de todos aprende e con todos
desfruta.
Hai, en definitiva, quen fai do seu barco o seu tesouro, e aprende a coidalo e a experimentar e remata por coñecer os ventos propicios e os mares amigos e sen embargo hai quen navega loitando sempre contra a súa proia nau, querendo levala por onde non pode ir e non sabendo aproveitar as correntes nin o velame nin as posibilidades de cambiar o rumbo que o mar sempre nos ofrece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario