Ya que estás aquí...
No dudes en preguntar, si tienes dudas, y en regresar siempre que quieras .
Bienvenido a Mar de Beaufort.
Bienvenido a Mar de Beaufort.
viernes, 27 de julio de 2012
As grandezas da vida.
Vivo ás veces atrapado nunha arañeira, paralizado, dubidando sobre qué camiños percorrer, buscando respostas que me permitan comprender as razóns deste mundo tan complexo e trapalleiro. Debo confesar que tiro un pouco a filosófico, remexendo sempre nas grandes cuestións, agoniado pola fame do mundo, polas inxustizas que sempre benefician aos mesmos e prexudican aos de sempre, polas guerras, os enganos e as falsas crenzas que nos condenan a unha vida miserábel e gris.
E ás veces, demasiado a miúdo, tanta realidade remata por afogarme e son incapaz de saborear as grandezas da vida, eses pequenos detalles que fan que todo mereza a pena. Unha agradable sorpresa, unha ocorrencia divertida e descubrimos que a nosa valía non está en cambiar o mundo con palabras ou en conseguir publicar esa novela que tanto se nos resiste. Non, amigas e amigos, o noso valor está no cariño dos demáis, nesas pequenas demostracións de afecto nas que non sempre reparamos e que están aí cada día.
A felicidade está no pegañento bico do noso fillo, no amor que a nosa parella nos demostra con catro palabras nun papel. Unha caricia inesperada, unha chamada para demostrarnos que estamos presentes na vida dos outros, unha felicitación por correo electrónico... En días como este non preciso máis nada para ser feliz, simplemente saber que son importante para unhas cantas persoas e que elas saben que tamén eu as quero.
Bueno, tal vez un anaquiño de tarta...
Moitas grazas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario