martes, 7 de marzo de 2023

A boneca (e III)

 


(I)

(II)

(III)

A partir deste momento tranquilizouse. Ainda que aquela familia estaba sendo totalmente violentada na súa intimidade, non había nada que fixera pensar que corrían perigo algún. Para aqueles que estiveran analizando información a súa presenza sería simplemente o decorado no que aquela boneca actuaba. Supuxo que de todas as horas de grabacións que figuraban naqueles arquivos, só serían importantes aqueles nos que aparecía a boneca.


Xa case se esquecera de todo o asunto cando uns meses despois recibíu o encargo de desinstalar todo o sistema de vixiancia da casa. Empregaron o mesmo plan que cando procederon a instalar todas as cámaras e micrófonos, e igual que a outra vez, escolleron un xoves para introducirse na casa. Todo foi ben ao principio. O seu colega ocupouse da planta baixa mentres él subíu á planta de arriba e comezou a recoller todos os pequenos aparellos que instalarán uns meses antes. Foi ao chegar a habitación cando se lle ocorreu a idea.

En todas as semanas que pasaron dende que foi consciente do asunto non se lle ocorrera pensar no valor que podía ter aquela boneca, pero foi ao vela alí, enriba da cama a medio facer, cando pensou que igual podía sacar o suficiente para retirarse.


O asunto parecía bastante fácil. Coller a boneca e buscar alguén a quen venderlla. Estaba seguro de que movendo algúns fíos nos lugares axeitados conseguiría atopar a alguén interesado no tema.

Sen embargo alí mesmo rematou o seu intento. Antes mesmo de abrir a porta para saír da habitación coa boneca na man, escoitou un golpe seco. Non houbo tempo para máis nada. O último que viu antes de que o seu crania se quebrara foi un reflexo estraño nos ollos daquela boneca. 


Ao outro lado alguén ollaba para un monitor.



lunes, 6 de marzo de 2023

Mar de Beaufort: Os dous corvos.




Hoxe ides permitirme que repita unha publicación do ano 2019. 
Sen dúbida, volven voar xuntos.

Mar de Beaufort: Os dous corvos.


O autobús das once e media sube con atraso, pensou ela mentres intentaba ver a hora a través das vellas cortinas da cociña. Levaba un bo pedazo ao sol, á beira do pozo, mentres el ía da cancela ao cabazo, do cabazo ao vello alpendre onde gardaban o tractor e outra vez a empezar. A mesma historia de todos os días, semana tras semana e mes tras mes. Facía tempo que xa non tiñan presa. Que presa ían ter, con fillos convertidos en homes e as netas xa criadas e estudando na capital. A vida pasara como un suspiro e agora xa non tiñan nada que agardar, e sen embargo ela notaba nel a mesma inquedanza dos vinte anos, cando mercaran aquel terreo e cada día despois do xornal él ía arrombando pedra sobre pedra para ir facendo aquela mesma casa na que agora deixaban pasar as mañás ao sol.
Daqueles primeiros días recordaría ela as ganas que tiñan sempre de comerse, os encontros apurados e intensos en calquera lugar, donos como eran de si mesmos e do seu tempo. Mesmo cando a súa preñez xa era molesta para todo aínda lle quedaban ganas para arrimarse a él e deixalo facer. Agora mirábao e aínda podía ver nos seus ollos negros algo daquela fogosidade, unha necesidade de ocupar o tempo, de estar sempre facendo algo. Así fora toda a vida e así levantaran a casa e a familia. Volveu mirar para el. Agora entretíñase coas polas do vello carballo, o que plantara no fondal, á beira da pista da Igrexa Vella. Trouxérao coa carretada de leña que xuntara para acender o forno pola vez primeira. Ela recordaba aquel día porque fora cando nacera a maior das súas fillas, a que tan enfermiña estivera. Aquela árbore convertérase co tempo nunha parte moi importante da casa, de feito para os veraneantes e os da vila era coñecida como a casa do carballo. Aos indianos dáballes por plantar palmeiras ou pinos, pero el decidira plantar un carballo do monte. Daralle forza á terra, miña sogra, díxolle no momento de plantalo á nai da súa muller, que viñera pasar uns días na casa para atender no parto á súa filla. Canta vida pasara á sombra daquela árbore. Ela achegouse a el cun par de brincos e xuntos escoitaron as doce badaladas no reloxo do concello.
O atraso do autobús das once e media era xa moito. Nos últimos meses afixéranse a ver pasar o autobús cada mañá. Servíalles para marcar o tempo, para situarse no día. Media mañá ía fora e era o momento de saír voando cara os prados, no outro lado do Regato da Loba, onde o sol non chegaba até ben andando o día. Despois volverían polo alto do Muiño e atravesarían a aldea de Ferreira. Con algo de sorte poderían dar un pe de leria con algún que, coma eles, xa non levaba máis ansia que recordar os días pasados.
Os da guerra foran os peores. Ela preñada de novo e a meniña tan falta de todo. Aquel inverno pensou que lle marchaba, que Deus noso señor llela arrincaba das mans. E se lle cadra esa era súa intención, que ben sabían eles que Deus nunca os tivo en moita estima. E non foi Deus, senón a vella tola que vivía no Soutovello a que se ocupou da meniña, a que cada un dos días nos que o seu home estivo no fronte de guerra viña pola casa e sempre traía algo. Media de leite, unha bola de pan, un par de chourizos. Téñolle lei ao teu home, dicía aquela muller da que contaban que toleara ao nacer por un mal vento. Ao parecer sempre que baixaba do monte paraba na súa porta para deixarlle unha pouca leña de carballo para pasar o inverno ao quente, ou estrume para a corte da ovella ou simplemente para darlle conversa do que fora, que ben sabía ela que aquel mozo, que non a coñecía de nada, o que quería era saber se estaba ben ou se lle faltaba algo. Tes un bo home, diríalle un cento de veces, non o vaias deixar marchar. E ben sabía ela que tiña un bo home da casa, e por iso non lle importou cando volveu da guerra con media perna esnaquizada, que pouco faltou para que lla cortasen. E por iso non deixou de ir un só día a cidade a visitalo ao hospital no que estivo tantas semanas ingresado antes de poder traelo para casa. E por iso durante todos e cada un dos anos seguintes sentiuse feliz a carón daquel home co que sacou adiante a familia sen importarlle ren os comentarios da estirada xente da vila, que sempre había algunha que a miraba para ela con cara de pena. E ela sorría é pensaba que o que lle faltaba de perna non impedía que fose un home na cama, e aí estaban as cinco criaturas que criaron para demostralo. E cando lle dicían vaia muller, vaia pena o do teu home, con esa perniña que ten que da pena velo camiñar ela respondía que tiña as súas vantaxes, que así non apuraba as tardes dos domingos á Casa da Xenoveva, como facían os homes da vila despois do partido. Que a saber que era o que lles faltaba na casa para ter que buscalo fora.
Unha nube atravesa rapidamente o ceo e polo chan deslízase unha sombra. Sen pensalo van buscando a parte soleada da horta e chegan ao beiral de diante do arrimo. Naquel comareiro fixeran o cerrado para os ovellas e aínda agora notábase que o terreo era distinto, coma se a herba gardase memoria dos moitos anos de abono e pastoreo. Cando ampliaran a estrada da vila leváranlles unha boa parte de terra e quedara unha pequena franxa de terreo entre a casa e o asfalto. Moita carraxe tiveran que tragar, coñecedores como eran de que o aparellador do concello fixera e desfixera para que lles levasen a eles a maior parte do terreo. No outro lado estaban os montes dos da Piluca, os falanxistas da vila, e ben sabían que non valían papeis nin reclamacións. Era ela a que tiña que calmalo e convencelo de que non había nada bo para eles no Concello, que non había necesidade de volver por alí e que o mellor era deixar as cousas como estaban. Foi ela a que nas noites nas que viña bravo e rumiando calquera barbaridade lle poñía a unha das pequenas no colo e unha culler na man para que lle dera o caldo. E a que deseguida as metía na cama da habitación pequena para deitarse espida ao seu carón e irlle arrincando de vagar, con cariños e bicos, os malos pensamentos e a xenreira. Nunha desas noites foi cando fixeron os xemelgos. Ela non quixo saírse a pesar de que el a avisou repetidas veces, que lle deixara sacar o boi do xugo antes de que a carretada marchara polo camiño abaixo. O que teña que vir que veña, bisboulle ela mentres coa lingua lle percorría o borde das orellas e finalmente, debruzándose sobre el, sentiu no seu interior a intensidade daquel home, a forza e mesmo algo da rabia que fora acumulando durante aqueles meses de ir e vir ás oficinas do Ministerio na cidade. Aínda agora, ao recordalo, sente un pequeno estremecemento no seu interior, un movemento das ás da memoria que a fan voar a aqueles días, o parto no que a vella tola do Soutovello lle dixo que viñan dúas criaturas, e el respondeu que a vida tiña estas cousas, que agora que os do Ministerio lle levaban o terreo eles aumentaban a familia por partida dobre. Co paso dos anos, os dous saben que ao final os días van poñendo a cada un no seu lugar, e que non foi casualidade que fora un dos xemelgos o que lle gañou a praza de Arquitecto do concello ao menor dos da Piluca, co moito que alardearon na praza dos estudios que lle estaban dando aos fillos, que parecía que só os deles podía estudar e ao final todos foron estudando e todos foron facendo as súas cousas e tamén os fillos dos pobres chegaron a se profesores ou doutoras ou dentistas, como a súa pequena, a que veu porque lle cadrou, porque ela se despistou e a verdade é que pensou que aos seus anos xa non tiña o forno para máis bolos e como aos corenta case tiñan tanta fame como aos vinte pois comían de calquera maneira e pasou o que pasou. E ben que agradecen cada día a sorte que tiveron con eles, que as criaturas sempre son a alegría das casas, e se de algo están fachendosos é das mulleres e homes en que se converteron aquelas crianzas que entre os dous sacaron para adiante na mesma casa na que agora

Escorréntanse polo bruído dun camión pola estrada. O tempo foi pasando entre recordos e xa o día está mediado. O autobús das once e media debeu subir sen que se decataran e agora estaba a piques de volver para abaixo, coa pouca xuventude que aínda vive na vila e que fan o camiño de regreso a casa. Aquela vila sempre fora das máis poboadas da comarca, e mesmo na aldea había unha morea de crianzas facendo carneiradas polos prados e as leiras. E os seus igual que os outros, rompendo o que tiñan romper, meténdose en liortas de cando en vez e mesmo chegando co nariz roto por unha pedrada ou pola pancada dalgún con máis forza ou con máis xenio. E todo foi pasando tan rápido, o instituto na cidade, os estudos en Santiago ou na Coruña, ou a Madrid que se foi a máis nova a rematar, a as vidas que os foron separando, as parellas, os netos e a netiña que saíu cuspidiña a ela, cos mesmos ollos alegres e o pelo rizo que da gloria vela.

Vai anoitecendo e regresan con calma á súa casa. O tellado de lousa, paredes con verdosas marchas na fachada que mira ao norte, as marcas que deixou ao seu paso o furacán Hortensia cando levantou as uralitas do vello alboio e as espetou contra a casa.

A última raiola de sol ilumina o tellado. O sol escóndese por detrás da Serra da Capelada. Míranse unha vez máis e saben que é hora de recollerse. A vellez, cando vai acompañada de moitos anos de compaña fai que as persoas non precisen das palabras para comunicarse. Case á vez abren as ás e voan cara ao vello carballo. Póusanse na pola máis grosa e agardan, como fan todas as noites dende fai xa moitos anos, dende que o seu tempo foi pasado e escolleron regresar noutra forma ao lugar no que foron tan felices. Abeirados agardan a que chegue a noite e que un novo día lles permita recordar todo aquelo que foron, sabedores como son de que a vida pasa nun suspiro, pero algo dos amores serenos queda nos espazos que algún día habitaron.

domingo, 5 de marzo de 2023

Cajones

 


A veces la vida consiste en ir llenando cajones, intentar amueblar las habitaciones de nuestra exitencia de la mejor manera posible, teniendo en cuenta que las casas que nos toca habitar suelen ser muy diferentes y no en todas las vidas caben las mismas cosas. 

Hay cajones comunes y que son para cosas concretas y muy específicas. El cajón de los estudios, el siempre complicado cajón de la familia, el cajoncito para guardar los primeros enamoramientos y las cosas del querer. Después hay cajones que puedes decidir llenar o no, que vienen como de serie pero que son opcionales. Podemos decidir meter algo en el cajón de la maternidad, en el del compromiso con otra persona, en el de las movidas religiosas e incluso en el cajón del trabajo. Algunos incluso venimos equipados con un cajón gigante para ir metiendo nuestros miedos, dudas, complejos y otras taras mentales que vamos adquiriendo por el camino y que muchas veces creemos que son inevitables. 

Finalmente están los cajones indeterminados que no están reservados para nada concreto. Espacios vacíos en nuestro vivir cotidiano que podemos, y debemos, llenar de distintas cosas, dependiendo siempre de nuestros gustos y de nuestras preferencias. Y suelen ser estos los que más satisfacciones nos dan, y a veces también los que resultan más complicados de llenar. La ausencia de una etiqueta que nos diga si van los calcetines o las camisetas hace que sean cajones que siempre están medio revueltos, a veces comenzamos con una aficción y a mitad del camino nos cambiamos a otra, o un cajón no es suficiente para todo cuanto queremos hacer y tenemos que emplear dos, tres o todo un armario para eso que tanto nos satisface. 

Pero de lo que no cabe duda es de que debemos ir llenando los días, las partes de los días que nos queden libres, de aquellas cosas que nos aportan algo y nos hacen crecer. Casi cualquier cosa es válida, y nos sorprendería descubrir las peculiares joyas que todos guardamos en nuestros cajones. 





sábado, 4 de marzo de 2023

Lugares

 


Hay lugares que quedan marcados en nuestra memoria como lugares propios, sitios en los que una vez nos sentimos seguros, felices y plenos.

Debido a este envejecimiento continuo en el que estoy inmerso vuelvo a esos lugares cada vez con más frecuencia, y he descubierto que la mayoría de las veces eran espacios en los que estaba solo, o al menos mi recuerdo, 40 años después, es solitario. 

Un banco en el parque, el sendero por el que corriamos con nuestro perro, las luces del faro al otro lado de la ría. Imágenes que quedan en nuestro disco duro y que con el paso de los años van adquiriendo nuevos matices, colores de viejas flores. 

Y de pronto, un día cualquiera, regresan a nuestra mente en forma de recuerdos tiernos y agradables que casi podemos oler y sentir, pero que en unos segundos desaparecen como esa mariposilla esquiva que busca camuflarse entre las flores.

viernes, 3 de marzo de 2023

Tarde

 



Aquella tarde llegó tan tarde que se le hizo muy tarde para escribir el pequeño texto de cada tarde.

jueves, 2 de marzo de 2023

O gato lambón.

 


O gato Rodolfito tiña un ollo de cada cor, o fuciño bermello con bigotes só nun lado e unha orella para arriba e outra orella para abaixo. E por moi raro que soe, tamén tiña tres rabos e ademáis gustáballe moooooitísimo o chocolate.

Todos dos días, o gato Rodolfito pasaba as tardes polos parques infantís vixiando os bocadillos das nenos e dos nenos tamén. Tiña unha gran capacidade para descubrir os bocatas de nocilla ou os anacos de chocolate que caían ao chan, e cando descubría a algunha crianza despistada non o dubidaba nin un segundo. Ía achegándose moi zalamero e riquiño, facía un par de pinchacarneiros e cando o neno, ou nena tamén, se despistaba mirando para él botaba un rabo para un lado, outro rabo para outro e -ZAAAASSSSSS- dun brinco leváballe o bocata de chocolate.

Un día, o gato Rodolfito víu a unha nena regordeta papando o máis grande bocata de nocilla que vira nunca xamáis. Lambendo os fuciños foi achegándose a ela, e cando pensou que xa a tiña medio despistadas coas súas zalamerías - ZAAASSSSS- dun chimpo, e movendo os seus rabos lanzouse cara a nena coa intención de levarlle o bocadillo. 

Pero aquela nena estaba preparada e en cando víu que aquel gato tan curioso se lle botaba enriba apartouse para un lado e colleuno polo rabo.

-Vaia gato pillabán -díxolle mentres o metía nun saco- querías paparme o chocolate e agora do saco non hai quen te saque!

E levou a Rodolfito para a súa casa, con tal sorte que aquela nena vivía nun primeiro, xusto xustiño enriba dunha chocolatería. A aquel gato lambón non lle puido parecer mellor quedar a vivir naquela casa xa que cada noite marchaba pola ventana e metíase naquela chocolatería, e cada mañá regresaba co bandullo cheo e o fuciño, que ante era vermello, toco manchado de chocolate.  




miércoles, 1 de marzo de 2023

Soledades (III)

 



Arrancan a volar las viejas canciones de amor, 

colores de otras tardes, música ratonera que a veces nos hace sentir bien

regresan los olores de los mares y de las playas

noches dulces inventando sueños

recorriendo estrellados firmamentos de besos y caricias, 

tiernos abrazos enmarañado en tu cintura.

Vienen flores de otras primaveras,

melodías que algún día nos hicieron volar

vigores, ganas, entusiasmos que creíamos olvidados

y la extraña sensación de que todo está en su sitio.

Y aunque son buenos los recuerdos

y las antiguas sensaciones son agradables

habrá espacio también para las nuevas ilusiones y la alegría

que brota de sus ojos 

con las novedades que vienen con las brisas de estos días.