lunes, 5 de junio de 2023

Choiva

 


Algo ten a choiva que sempre nos pode sorprender. Non importa todas as tardes que pasáramos vendo chover nin as mañás nas que prefeririamos ter quedado na casa. Non importa que teñamos escrito versos detrás de ventanais mollados ou que escribiramos o seu nome nun vidro mollado. Nós, que vimos chover en praias e no máis profundo dos montes; en días de verán e no máis crudo do frío inverno; nas festas patronais e nos enterros... Nós, que somos verdadeiros expertos nos temas pluviais, hai días nos que quedamos abraiados cando a choiva parece querer silenciar o mundo enteiro co seu constante deixarse caer. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario