Para todos supón algo de molestia ter que participar nunha mesa electoral. Madrugar, pasar todo o día revisando documentos de identidade e anotando nomes e números e despois a importancia do reconto dos votos. Persoalmente tamén me resulta inquietante a exposición aos demáis. A un tipo coma min afeito a tan pouca interacción social estar baixo a ollada de centos de veciños é algo que me intimida bastante.
Pero aínda así as eleccións son unha desas cousas que fan que a sociedade traballe en equipo. Miles de persoas colaboran para que as cousas saian da mellor maneira posible. Algúns obrigados por lei, é certo, e sen moitas ganas de facelo, pero outras moitas de maneira totalmente voluntaria e con moita motivación, colaborando como interventores e apoderados, botando unha man para ter preparados os locais de votación e sobre todo participando, indo a votar aínda que non haixa ningún partido que nos convenza ou a única opción que teñamos sexa votar en branco.
Participar. Mesmo nunha época de tanto desencanto coa clase política e con tanta mediocridade resulta tremendamente inspirador que haixa tantas persoas traballando polo ben común.

No hay comentarios:
Publicar un comentario