viernes, 27 de octubre de 2023

NaNoWrimo 2023

 


Pues nada, pongo el punto final a algún escrito que tengo pendiente y comienzo con esto. Etapas que debemos cerrar y puertas que debemos atrevernos a traspasar. 

Y si en el 2020 (¿recordáis?) todo fue un poco caótico y después de una buena declaración de intenciones no volví a escribir mucho más en este blog, este año tengo bastante claro lo que quiero contar y estoy incluso pensando en hacer un diario de escritura en este sitio. Volver a recuperar la intensidad de los primeros meses del año, cuando caía una entrada cada día. 

¿Y cuál es el desafío de este año? Pues avanzar en la narración de una historia que fue tomando forma hace unos meses en varias entradas de este blog y que sin duda está esperando que vuelva a dedicarle tiempo. 

En noviembre descubriremos a donde nos lleva el último viento. 






viernes, 6 de octubre de 2023

Antes de que toque o timbre.

   


Antes de que toque o timbre, L. explícame, entre bostezo e cullerada de cereais, que non me val a pena abrir un canal en Twich, que debo facelo en Instagram ou YouTube pois daránme, á larga, máis visualizacións. Fálame tamén doutras opcións que xa se me escapan, pero que dubido moito que sexan o que busca un tipo de 50 anos que no medio de expresión que se defende un pouco ben é na escritura, con parrafadas longas e con subordinadas que soen desenrolar a mesma idea por medio de reiteracións e estruturas triplas. Noto, cando llo digo, que entende perfectamente o que lle digo (1), que lle parece unha aportación irrelevante para o que me está explicando (2) e que se impacienta un pouco ante a miña necesidade de explicar todo con tanto detalle. (Nótese a estrutura tripla da que falaba). Como aínda lle queda por tomar medio tazón de cereais e eu teño que ir a vestirme, pospoñemos esta interesante conversa para outro momento. 


Antes de que toque o timbre, A. explícame con todo luxo de detalles a súa teoría sobre os espíritus cun número limitado de reencarnacións. Sostén que as persoas, cando morren, van reencarnándose en familiares ou coñecidos, pero só unhas cantas veces, e que despois quedan por aí. A pregunta é: dónde quedan despois, papá? Eu explícolle que hai moitas teorías sobre iso, pero que dente o meu punto de vista no noso corpo tamén hai unha enerxía que non desaparece e que pode converterse noutras cousas cando morremos, que seguramente hai cousas que existen aínda que non poidamos velas e que o universo é tan inmenso que pode haber de todo por aí fora. Ela, que debeu ver algún vídeo sobre reencarnación non parece prestar atención ás posibilidades ilimitadas dun universo ilimitado e insiste en saber se cando nos reencarnamos noutros recordamos o que fomos. Entón explícolle que seguramente hai algún momento no que podemos recordar todo o que fomos, e noto que está pensando noutras cousas e chegando a algunha conclusión, pero como tamén chegamos á porta da escola temos que despedirnos con un bico e un quérote. 


Antes de que toque o timbre unha mamá cun cativo que corría feliz pola acera (efecto venres sen dúbida) dille "J. cuidado con el chico, que lo vas a atropellar!" E o chico son eu! Eu agradézolle o comentario cun saúdo, pois como xa escribín máis arriba son un chico de 50 anos, e hai veces nas que me sinto moi moi maior e que alguén me vexa aínda como un mozo pois é algo que sempre anima, qué queredes que vos diga!.


Antes de que toque o timbre crúzome co veciño que traballa no Corte Inglés e que sempre vai sorrindo. E descubro que sempre val a pena sorrir, e que seguramente se o meu veciño abrise un canal no Insta podería colgar unha foto diaria cun bo sorriso de bos días, e sen dúbida o seu espíritu vagará polo mundo creando boas vibracións ao seu redor.


E antes de que toque o timbre un home que conducía un coche sen carnet case me atropella no medio do atasco diario na estrada da escola. Podería ter protestado, é certo, e podería ter berrado, mostrado o meu enfado coa certeza de que eu teño a razón e él debe ter máis coidado e estar máis atento á condución. Pero como a vida é breve e nunca sabemos cando vai tocar o timbre decido que non val a pena un só segundo de enfado por algo que quedou en nada. Saudo ao conductor despistado cun sorriso, volvo a camiñar cara ao novo día que apenas fixo máis que comezar e comezo a cantar esa canción de Radio Futura que fala dun tipo que "caminando iba pensando que ganar siempre es tentar a la otra cara de la suerte" y que "sintió la alegría del olvido y al andar descubrió la maravilla del sonido de sus propios pasos en la gravilla"