miércoles, 27 de septiembre de 2023

Tempos


Todo é cuestión de tempo. De tempo e de sorte.
Hai que ter un chisco de sorte co tempo no que nos tocou nacer e co tempo que as Moiras teceron para nós. 
Saber facer as cousas ao seu tempo e non perder o tempo con cousas que non poderemos facer. 
Hai que darlle tempo ao tempo para curar as feridas e recuperar o corpo, e ter moi claro cando é tempo de agardar e cando é tempo de avanzar. 
Debemos ser conscientes de que o tempo nolo da Dios de balde pero non é algo que poidamos gardar para outro momento. Hai que disfrutalo tal e como veña, sabendo que non podemos detelo cando parece marchar por entre os dedos das noas mans.
Entender cando é tempo de pasar páxina e soltar da nosa vida todo aquilo que xa non nos aporta, persoas que xa non queren estar, libros que xa non leeremos, traballos e proxectos que xa non val a pena emprender.
Ter a sabiduría para saber parar a tempo e para decatarse de que é tempo de sementar, de emprender novas viaxes.
Saber perder o tempo e ser capaz de gañarlle tempo ao tempo para pasalo coas persoas ás que queremos.
E sobre todo ter sabiduría necesaria para comprender que o noso tempo rematou, e a vontade para deixar na mesa o nosa pluma, camiñar serenamente cara a porta de saída e un segundo antes do final saber dicir adeus de maneira digna e discreta.