martes, 23 de enero de 2024

NaNoWriMo 2023. Día 30

 



Cómo uns dos meus propósitos para esta nova etapa da miña vida é ir pechando temas, vou dar por finalizada a miña participación no NaNoWriMo do ano 2023 con esta imaxe que vale máis que mil palabras. Ou deberá dicir que vale igual que as 45.818 palabras que quedaron por escribir para completar o reto. 
Fracasei?
Por suposto! E de maneira espectacular! 
De 30 días que ten o mes, apenas conseguín sentarme a escribir oito veces, e tampouco pensedes que me matei a escribir neses días. 


E coido que durante un tempo vou seguir fracasando nos meus intentos por chegar a ser un escritor que escribe. Pois o que me falta non é só tempo, qué é escaso, senón tamén motivación e sobre todo vontade.
Nalgún momento perdín a forza de vontade que era un dos meus rasgos definitorios, unha das miñas fortalezas, que se diría agora. 
E tal vez vaia sendo hora de volver a atopala.
Como sempre nestas datas, van desfilando pola miña cabeza os mesmos proxectos de sempre, a algunhas ideas novas que non por novas son menos absurdas que as anteriores. 
Nalgún lugar deste blog, nalgún momento, deixarei constancia destas miñas teimas. 
Agora, simplemente, pechar este proxecto non cumplido do 2023 e agardar que no 2024 poida conseguilo. 

E por certo, moi feliz 2024!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario